O 3 de decembro é o 337º día do ano do calendario gregoriano e o 338º nos anos bisestos . Quedan 28 días para finalizar o ano .
Acontecementos
1800 - Aplícase, por primeira vez en España, a vacina contra a varíola (descuberta en 1796 ).
1800 - en Múnic , no marco da Segunda Coalición, o xeneral francés Jean Victor Marie Moreau derrota ás forzas monárquicas do arquiduque Carlos na batalla de Hohenlinden . Esta vitoria ―xunto á do primeiro cónsul Napoleón Bonaparte na batalla de Marengo ― obriga aos austríacos a asinar o armisticio.
1936 - Son fusilados no cemiterio de Boisaca os integrantes do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela Manuel Maroño Calvo , José Maroño Calvo , Modesto Pasín Noya , Fernando Domínguez Caamaño , Luís Martínez Nouche , Francisco Ponte Ces , Rafael Pardo Carmona , Rafael Frade Peña , Luis Rastrollo González e José Germán Fernández .
1967 - O cirurxián Christiaan Barnard realiza o primeiro transplante de corazón na Universidade surafricana de Cidade do Cabo . O paciente, Louis Washkansky, sobreviviu 18 días.
1976 - Fidel Castro asume o cargo de presidente de Cuba .
1984 - En Bhopal, na India , un escape de gases tóxicos nunha planta de pesticidas da empresa Union Carbide causa a morte de miles de persoas.
1992 - O petroleiro grego Mar Exeo naufraga fronte á Coruña provocando unha vertedura dunhas 80 000 toneladas de cru.
Nacementos
Anton Webern.
1684 - Ludvig Holberg dramaturgo, historiador e ensaísta danés da Ilustración, considerado pai da literatura danesa e norueguesa. (m. 1754 )
1795 - Rowland Hill , profesor e reformador social británico (m. 1879).
1869 - Ángel Pardo Puzo , mariño e escritor galego.
1883 - Anton Webern , compositor austríaco (m. 1945).
1886 - Manne Siegbahn , físico sueco (m. 1978).
1902 - Bibiano Fernández Osorio-Tafall , científico e político galego.
1922 - Sven Nykvist , director de fotografía sueco.
1924 - John Backus , informático estadounidense (m. 2007).
1926 - Agustín Sixto Seco , médico galego.
1930 - Jean-Luc Godard , cineasta francés.
1933 - Paul J. Crutzen , químico holandés.
1948 - Ozzy Osbourne , cantante estadounidense de rock.
1960 - Julianne Moore , actriz estadounidense.
1965 - Juan Valdivia , guitarrista de Héroes del Silencio .
Mortes
Robert Louis Stevenson.
1552 - Francisco Xabier , santo navarro (n. 1506 ).
1592 - Alexandre Farnesio, Duque de Parma e Piacenza (n. 1545 ).
1894 - Robert Louis Stevenson , escritor escocés (n. 1850 ).
1902 - Prudente de Morais , expresidente do Brasil .
1909 - José Ojea Otero , político e escritor galego (n. 1845 ).
1911 - Juan Jacobo Durán Loriga , matemático galego (n. 1854).
1919 - Auguste Renoir , pintor impresionista francés (n. 1841 ).
1936 - Luis Rastrollo , mestre e sindicalista (n. 1908 ).
1936 - Manuel Maroño Calvo , sindicalista e político galego (n. 1899 ).
1937 - Attila József , poetas húngaro (n. 1905 ).
1963 - José Rubinos Ramos , xesuíta, escritor en lingua galega (n. 1898 ).
2017 - Manuel Moldes , pintor galego (n. 1949).
Festas e celebracións
Outros
Os 366 días do ano