O 20 de agosto e o 232º día do ano do calendario gregoriano e o 233º nos anos bisestos. Quedan 133 días para finalizar o ano.
Acontecementos
Nacementos
- 1561 - Jacopo Peri, compositor de ópera italiano.
- 1778 - Bernardo O'Higgins, líder da independencia do Chile.
- 1789 - Bernardo de Monteagudo, avogado e xornalista arxentino.
- 1779 - Jöns Jacob Berzelius, químico sueco (m. 1848).
- 1819 - Luis de Trelles Noguerol, avogado, político e xornalista galego (m. 1891).
- 1833 - Benjamin Harrison, presidente dos Estados Unidos (m. 1901)
- 1860 - Raymond Poincaré, político, presidente de Francia (1913-1920) (m. 1934).
- 1886 - Manuel González Fresco, político galego (m. 1936).
- 1886 - Paul Tillich, teólogo protestante alemán (m. 1965).
- 1890 - Howard Phillips Lovecraft, escritor estadounidense.
- 1901 - Salvatore Quasimodo, poeta italiano, Premio Nobel de Literatura en 1959 (m. 1968)
- 1906 - José María Rosa, historiador arxentino.
- 1910 - Eero Saarinen, arquitecto estadounidense.
- 1911 - Manuel Ponte Pedreira, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1947).
- 1913 - Roger Wolcott Sperry, psicobiólogo estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1981 (m. 1994).
- 1935 - Paco Valladares, actor español.
- 1936 - Hideki Shirakawa, químico xaponés, Premio Nobel de Química
- 1941 - Slobodan Milošević, expresidente de Serbia e Montenegro (m. 2006)
- 1942 - Isaac Hayes, músico e cantante estadounidense (m. 2008).
- 1946 - Ralf Hütter, músico alemán (Kraftwerk).
- 1948 - Robert Plant, cantante e compositor inglés, vocalista de Led Zeppelin entre 1968 e 1980.
- 1951 - Greg Bear, escritor de ciencia ficción estadounidense.
- 1952 - José Antonio Fondevila, pintor galego.
- 1966 - Miguel Albaladejo, director de cine español.
- 1971 - Juan Fernández Valle, historiador peruano.
- 1978 - María Canosa, escritora galega.
- 1990 - Miriam Beizana Vigo, escritora e crítica literaria galega.
Mortes
- 1915 - Paul Ehrlich, científico alemán, Premio Nobel de Medicina (n. 1854).
- 1917 - Adolf von Baeyer, químico alemán, Premio Nobel de Química (n. 1835).
- 1936 - Rafael Fernández Casas, mestre e escritor galego (n. 1901).
- 1936 - Luís Huici, pintor, debuxante e gravador galego (n. 1896).
- 1961 - Percy Williams Bridgman, físico estadounidense, Premio Nobel de Física (n. 1882).
- 1985 - Reimundo Patiño, pintor e debuxante de banda deseñada galego (n. 1936).
- 1995 - Hugo Pratt, debuxante de banda deseñada italiano (n. 1927).
- 2012 - Avelino Pousa Antelo, agrarista, político e escritor galego (n. 1914).
- 2013 - Elmore Leonard, escritor e guionista estadounidense (n. 1925).
- 2015 - Lina Morgan (María de los Ángeles López Segovia), actriz de cine, teatro, televisión e musicais española (n. 1937).
Festas e celebracións
Outros
- 1996 - A Radio Galega, radio pública en galego, comeza as súas emisións dixitais en directo a través de Internet.
Os 366 días do ano
Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
- ↑ El País, ed. (22/08/1985). "Necrológicas: Raimundo Patiño, pintor" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2017.