O 15 de agosto é o 227º día do ano do calendario gregoriano e o 228º nos anos bisestos . Quedan 138 días para finalizar o ano .
Acontecementos
778 : en Roncesvales , Carlomagno é derrotado polos vascóns na batalla de Roncesvales . Morre o heroe Roldán .
797 - A emperatriz bizantina Irene ordena cegar ao seu fillo Constantino VI , ao que sucedeu no trono de Bizancio.
1908 - Iníciase en Monforte de Lemos a I Asemblea Agraria de Galicia .
1914 - Apertura oficial da Canle de Panamá , coa primeira travesía dun barco de liña comercial, o vapor estadounidense de pasaxeiros e carga Ancón , iníciase o tráfico a través da Canle de Panamá .
1923 - Publícanse no número 190 d' A Nosa Terra as Bases das Escolas do Insiño Galego , deseñadas polas Irmandades da Fala da Coruña.
1947 - A India gaña a independencia do Reino Unido .
1950 - No Tíbet e na India , 2.000 casas, templos e mesquitas quedaron destruídas tras un tremor de 8,6 Richter. A zona máis afectada foi a cunca do Brahmaputra no nordeste da India . Polo menos 1.500 persoas morreron.
1977 - The Big Ear , un radiotelescopio operado pola Ohio State University como parte do proxecto SETI , recibe un sinal de radio do espazo profundo, este suceso coñécese como o sinal Wow! ".
2005 - Iníciase a VIII edición do Salón do cómic da Coruña .
2021 - Toma da capital de Afganistán , Cabul , polos talibán .
Nacementos
Antón Alonso Ríos.
1195 - Antón de Padua , relixioso portugués (m. 1231 ).
1608 - Evangelista Torricelli , físico e matemático italiano (m. 1647 ).
1769 - Napoleón Bonaparte , emperador francés (m. 1821 ).
1771 - Walter Scott , escritor escocés (m. 1832 ).
1813 - Jules Grévy , presidente de Francia (m. 1891 ).
1858 - Edith Nesbit , escritora inglesa (m. 1924 ).
1886 - Karl Korsch , filósofo marxista alemán (m. 1961 ).
1887 - Antón Alonso Ríos , político e escritor galego (n. 1980 ).
1892 - Louis de Broglie , físico francés, Premio Nobel de Física (m. 1987 ).
1894 - María Vázquez Suárez , mestra galega (m. 1836).
1896 - Gerty Cori , bioquímica austríaca, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1957 ).
1917 - Óscar Romero , arcebispo de San Salvador (m. 1980 ).
Mortes
Grazia Deledda.
1728 - Marin Marais , violista e compositor francés (n. 1656 ).
1852 - Johan Gadolin , químico, físico e mineraloxista finlandés (n. 1760 ).
1909 - Euclides da Cunha , escritor brasileiro (n. 1866 ).
1935 - Paul Signac , pintor neoimpresionista francés (n. 1863 ).
1936 - Grazia Deledda , escritora italiana, Premio Nobel de Literatura (n. 1871 ).
1967 - René Magritte , artista surrealista belga (n. 1898 ).
1975 - Sheikh Mujibur Rahman , presidente de Bangladesh (n. 1920 ).
1976 - José Rego López , sindicalista e político galego (n. 1887 ).
1982 - Hugo Theorell , científico sueco, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1903 ).
1998 - Cristino Álvarez Hernández , farmacéutico e político galego (n. 1908 ).
2004 - Sune Bergström , bioquímico sueco, Premio Nobel (n. 1916 ).
2013 - Rosalía Mera , empresaria galega (n. 1944 ).
Festas e celebracións
Outros
Os 366 días do ano