Sardo Sardu | ||
---|---|---|
Pronuncia: | ˈsaɾdu | |
Falado en: | Italia | |
Rexións: | Sardeña | |
Total de falantes: | ~1 000 000 (1999–2007) | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Románica occidental Románica meridional Sardo | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Sardeña | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sc
| |
ISO 639-2: | srd | |
ISO 639-3: | sro
| |
Mapa | ||
Status | ||
O sardo (sardu en lingua sarda) é unha lingua neolatina propia da Sardeña falada polo pobo sardo. Ata moi recentemente non contou cunha norma común ás diferentes variedades da lingua. Desde 1997 é lingua oficial, xunto coa lingua italiana, da Rexión Autónoma da Sardeña, o que impulsou a elaboración dunha proposta de normativa común denominada Lingua Sarda Unificada (2001). Na LSU baséase a Lingua Sarda Común que se emprega nos documentos oficiais da Rexión Autónoma. Considérase a máis conservadora das linguas derivadas do latín.
Tamén se consideran dialectos sardos, aínda que presentan unha estrutura gramatical máis similar ao corso e con fortes influxos lígures e toscanos, as seguintes variantes:
É falada en toda a illa, coa excepción da cidade de Alguer (onde falan catalán), e nas illas menores circundantes, salvo en San Pietro e parte de San Antíoco (onde persiste o dialecto lígur tabarquino).
A lingua sarda foi recoñecida coa lei rexional Nº 26 do 15 de outubro de 1997 como segunda lingua oficial de Sardeña, á beira do italiano. A lei rexional aplica e regulamenta algunhas normas do estado italiano en tutela das minorías lingüísticas. Os códigos ISO 639-3 son:
Táboa de comparación das linguas neo-latinas:
Latín | Francés | Italiano | Galego | Occitano | Catalán | Portugués | Romanés | Sardo | Corso | Siciliano |
clave | clef | chiave | chave | clau | clau | chave | cheie | crae | chjave/chjavi | chiàvi |
noctem | nuit | notte | noite | nuèit/nuèch | nit | noite | noapte | notte | notte/notti | notti |
cantar | chanter | cantare | cantar | cantar | cantar | cantar | a cânta | cantar | cantà | cantàri |
capra | chèvre | capra | cabra | cabra | cabra | cabra | capra | cabra | capra | capra |
lingua | langue | lingua | lingua | lenga' | llengua | língua | limbă | limba | lingua | lingua |
platea | place | piazza | praza | plaça | plaça | praça | piaţă | pratha/pratza | piazza | chiazza |
pons | pont | ponte | ponte | pònt | pont | ponte | pod' | ponche | ponche/ponti | ponti |
ecclesia | église | chiesa | igrexa | glèisa | església | igreja | biserică | creia/cresia | ghjesgia | cresia |
hospitalis | hôpital | ospedale | hospital | espital | hospital | hospital | spital | ispidale | spedale/uspidali | spitàli |
caseus
lat. vulg.formaticum |
fromage | formaggio | queixo | formatge | formatge | queijo | brânză | casu | casgiu | furmàggiu/caciu |
En moitos aspectos diferénciase dun xeito dabondo claro do italiano e outras linguas neolatinas, especialmente no verbo, así:
Non existe unha ortografía unificada. Unha das súas principais características é a chamada vocal epentética, que é aquela que en pausa pecha unha palabra que termina en consoante e non se escribe nunca.
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua sarda |