A lingua moldova (limba moldovenească, ou лимба молдовеняскэ) é un dos nomes da lingua romanesa na República de Moldavia, e segundo o Artigo 13 da constitución; o outro nome, recoñecido pola Declaración de Independencia de Moldavia e o Tribunal constitución é "romanés".
A nivel oficial, o Tribunal Constitucional interpretou no 2013 que o Artigo 13 da constitución foi substituído pola Declaración de Independencia, dando así un estatuto oficial á lingua nomeado como 'romanés'.
A lingua foi escrita, xeralmente, en alfabeto romanés cirílico (baseado no alfabeto do antigo eslavo eclesiástico) antes do século XIX. Dende aí até a primeira guerra mundial, foron usados o antigo cirílico e o latino, até que o antigo cirílico caeu en desuso. No período de entreguerras, as autoridades soviéticas da República Socialista Soviética Autónoma de Moldavia usaron o latino e o cirílico para escribir a lingua, debido ás metas políticas dese tempo. Entre 1940 e 1989, durante o dominio soviético do país, o novo alfabeto cirílico moldovo substituíu o alfabeto latino como o alfabeto oficial de Moldavia. En 1989, o alfabeto latino foi, de novo, adoptado en Moldavia, xunto coas regras ortográficas usadas en Romanía nese tempo. Porén, en Transnistria seguese usando o alfabeto cirílico.
124. Prin urmare, Curtea consideră că prevederea conținută în Declarația de Independență referitoare la limba română ca limbă de stat a Republicii Moldova prevalează asupra prevederii referitoare la limba moldovenească conținute în articolul 13 al Constituției.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua moldova |