Xudeoportugués Lingua xudeoportuguesa | ||
---|---|---|
Falado en: | Alemaña Brasil Inglaterra Países Baixos Estados Unidos | |
Total de falantes: | Pouco menos de 2.000, cun uso litúrxico. | |
Familia: | Indoeuropea Románica Itálico Romance Romance occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Galego-portugués Xudeoportugués | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
O xudeoportugués é unha lingua morta, que era falada polos xudeus sefardís de Portugal. Esa forma lingüística era vernacular dos xudeus de Portugal antes do século XVI e sobreviviu en moitas comunidades da diáspora dos Judeus da Nação Portuguesa. Os seus textos eran escritos no alfabeto hebreo ou latino. Poderían terse escrito tamén en alxamía.
En relación á lingua materna, o xudeoportugués garda grandes similitudes, o que fixo ser pronto asimilada cando o número de falantes xudeus escaseou na Península Ibérica. O seu léxico é composto basicamente polas palabras portuguesas, agregándose a este conxunto palabras prestadas do hebraico mais tamén do ladino. Existe un pequeno testemuño desa variante lingüística na obra de Gil Vicente, o Auto da Barca do Inferno. Tamén foi influenciada pola lingua dos xudeus españois, o ladino, mais era distinta desa, xa que os xudeus lusos nunca foron expulsados do seu país, senón que foron forzados a conversión.
Moitos dos cristiáns novos continuaron a secretamente observar o xudaísmo e preservar a lingua até que inquisición se estabeleceu en Portugal en 1536, producindo unha onda migratoria dos conversos cara a Francia, Holanda, Inglaterra e Américas.
Por mor das súas semellanzas, o xudeoportugués morreu axiña en Portugal, mais sobreviviu na diáspora como lingua do día a día até comezos do século XIX. Tamén sobrevive en forma de substrato no papiamento.
* | Xudeoportugués | Portugués | Galego | Xudeoespañol | Hebreo |
---|---|---|---|---|---|
Arcaísmos | Angora | Agora | Agora | Agora | Caet: כעת |
Algũa | Alguma | Algunha | Alguna | Calxehu: כלשהי | |
Corõa | Coroa | Coroa | Korona | Tagá: תגא | |
Dous | Dois | Dous | Dos | Xtei: שתי | |
He | É | É | Es | - | |
Hũa | Uma | Unha | Una | Aghat: אחת | |
Persõa | Pessoa | Persoa | Persona | Benadam: בן־אדם | |
Hebraísmos | Cadós | Santo, sacro | Santo, sacro | Kadosh | Cadox: קדוש |
Jessibá | Seminário judeu | Seminario xudeu | Seminario rabiniko | Iexivá: ישיבה | |
Misvá | Mandamento | Mandamento | Mitsvá | Mitsvá: םצוה | |
Queilá | Comunidade | Comunidade | Kehilá | Kehilá: קהילה | |
Sabá | Sábado | Sábado | Sabá, Sabbad | Xabat: שבת | |
Sedacá | Caridade | Caridade | Sedaká | Tsedacá: צדקה | |
Tebá | Púlpito | Púlpito | Tevá | Tevá: תיבת | |
Ladino | El-Dio | El-Deus, O Deus | O Deus | El Dio | Hashem: השם |
Esnoga, Sinoga | Sinagoga | Sinagoga | Esnoga | Bet Cnéset: בית כנסת | |
Manim | Mãos | Mans | Manos | Iadaim: ידים |